Linguas algonquinas orientais | ||
---|---|---|
Falado en: | América do Norte | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas álxicas Linguas algonquinas Linguas algonquinas orientais | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas algonquinas orientais constitúen un subgrupo da familia de linguas algonquinas. Antes do contacto europeo, as linguas algonquinas orientais constaban de polo menos 17 linguas, cuxos falantes ocuparon colectivamente a costa atlántica de América do Norte e as áreas interiores adxacentes, dende o que é agora a rexión Marítima do Canadá até Carolina do Norte, nos Estados Unidos. A información dispoñíbel sobre as linguas individuais varía amplamente. Algúns son coñecidas só a partir dun ou dous documentos que conteñen as palabras e as frases recollidas por misioneiros, exploradores ou colonos, e algúns documentos conteñen evidencia fragmentaria sobre máis dunha lingua ou dialecto.[1] Moitas das linguas algonquinas orientais víronse moi afectadas pola colonización e a desposesión. As linguas micmac e maliseet-passamaquoddy teñen un número de falantes significativo, mais o abnaki occidental e o lenape (Delaware) teñen cada un menos de 10 falantes dende o ano 2000.
O algonquino oriental constitúe un subgrupo xenético separado dentro do algonquino. Outros dous grupos recoñecidos de linguas algonquinas, as algonquinas das chairas e as algonquinas centrais, son xeográficos pero non se refiren a subgrupos xenéticos.